martes, 12 de junio de 2012

APROBADO O PROXECTO ERASMUS


Aprobación do Consorcio Erasmus

Infórmase que acaba de ser aprobado o Consorcio Erasmus Praxeuropa, no que o noso centro participa.
Co obxecto de establecer o proceso das mobilidades compre coa máxima urxencia establecer os perfís das persoas destinatarias que deben pertencer as seguintes areas profesionais:

  • Enerxías renovables
  • TIC
  • Metal (Fabricación Mecánica, Electricidade e Electrónica...)

Establécense dous períodos de realización das ditas mobilidades

1  setembro-decembro 2012
2. abril -xuño 2013

No noso centro a opción preferente é a de enviar 3-5 alumnos/as a facer a FCT en países europeos. En principio hay opcións en antigos países do leste, Finlandia, Alemania...
Os/as alumnos/as non poden ter feita a FCT en España, e non poder ter recibido con anterioridade unha beca de prácticas Leonardo da Vinci ou Erasmus.
Aqueles/as interesados/as deben poñerse en contacto co asesor de programas internacionais do CIFP, diretamente ou a través dos titores do seu grupo.