lunes, 27 de febrero de 2012

CONSORCIO ERASMUS "PRAXEUROPA GALICIA"

O pasado día 24, levouse a cabo en Santiago unha reunión para botar a andar un novo proxecto internacional chamado "Praxeuropa Galicia"
O obxectivo do mesmo é facer unha rede de traballo, un consorcio, dos IES e CIFP de Galicia, cara a obter prazas no estranxeiro nas que os/as alumnos/as poidan facer parte da súa FCT.
En principio, o número de prazas que poderíamos obter nese consorcio para o noso centro é 2 ou 3, dentro das familias de Metal ou Electricidade-electrónica.
A dotación das becas a obter non é fixa pero contando coas posibles subvencións da Xunta (pola vía da FCT e de Axudas á Mobilidade) e do Ministerio, a estadía poderíase cubrir case totalmente.
Aínda é un proxecto pero as posibilidades de obtelo son boas.
Seguiremos informando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario