sábado, 5 de mayo de 2012

PREMIOS MEDEA


(Data límite 17 de setembro de 2012)

Pensando sobre todo no alumnado de Ciclo Medo de Atención Sociosanitaria, ahí tedes a información sobre Premios Medea.

Co patrocinio da Comisión Europea os premios anuais MEDEA abren o concurso que recoñece a excelencia no uso de medios de comunicación para apoiar o aprendizaxe e dedican un premio especial a material educativo que promova o envellecemento activo e a solidariedade entre as xeracións.

En cada edición do concurso inclúese unha serie de premios relacionados con categorías específicas. Este ano 2012, como un compromiso co Ano Europeo do Envellecemento Activo e da Solidariedade Interxeracional, o Comité Organizador dará un premio especial á mellor entrada de medios de comunicación educativa (audio, vídeo, gráficos e animación) que promovan o envellecemento activo e a solidariedade entre as xeracións.

Este premio especial está aberto a profesores, alumnos, persoal docente, produtores e calquera persoa que teña creado medios de produción educativa que utilicen claramente multimedia para fomentar e promover o envellecemento activo e a solidariedade entre as xeracións. As presentacións poden ser realizadas en español, inglés, francés, alemán, italiano e polaco. A participación é gratuíta e a presentación das participacións é ata o 17 de setembro de 2012.

Todos os finalistas serán invitados a participar na presentación aos medios de comunicación e aprendizaxe no congreso 2012 en Bruxelas, que terá lugar do 14 ao 15 novembro e inclúe a cerimonia de Premios MEDEA.

Máis información: PREMIOS MEDEA

No hay comentarios:

Publicar un comentario