jueves, 22 de noviembre de 2012

LEONARDO - EUROPA - NEXT STATION

Xa está definida a mobilidade de 3 dos/as nosos/as alumnos/as no presente curso, dentro do programa europeo Leonardo da Vinci.

  • No mes de Xullo de 2013, unha alumna do CFM Coidados Auxiliares de Enfermería fará 5 semanas das súas prácticas de FCT en Portugal, en concreto Vila Verde (A no mapa).









  • Nos meses de Setembro a Decembro do 2013, dous alumnos do CFM Instalacións de Telecomunicacións farán 5 semanas da súa FCT en Polonia, na cidade de Wroclaw (Vratislava) (A no mapa).
Ainda que o proceso de selección non está iniciado, tede en conta que os requisitos mínimos son os seguintes:

- Ter aprobados todos os módulos previos á FCT antes de comezar a viaxe.
- Ter moitas ganas de ir e ter claro que un/unha irá, porque previo ao viaxe hai que firmar un contrato  onde un comprométese a facer a estancia.
- Ter un coñecemento básico ao menos da lingua dos país de acollida. No caso de Portugal non é moi importante; no caso de Polonia, non hai que saber polaco, senon que cuns coñecementos básicos de inglés xa se pode ir.

Nos meses de xaneiro a marzo, faremos cos/as alumnos/as candidatos/as, un programa de aprendizaxe lingüística e cultural.

No hay comentarios:

Publicar un comentario